Entrada destacada

Lillus Maximus en Vicus Spacorum, la fiesta romana de Vigo

sábado, abril 28, 2018

III Ludi Compostellani

O pasado 25 de abril celebráronse na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela os III Ludi Compostellani organizados pola Delegación galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos. O IES San Tomé participou como organizador de tres obradoiros: Roma/Amor (grafitos de Pompeia amorosos e fíbulas de amor), hoplitas e escola de gladiadores de Lillus Maximus. Foi un verdadeiro pracer compartir cos alumnos doutros centros as experiencias que levamos a cabo no noso.

Noraboa a directiva da sección galega, aos outros centros organizadores e ao alumnado participante que o fixo con interese e desfrute.
O noso compañeiro Álvaro do IES MGB da Estrada fixo este vídeo da xornada:
Vídeo do IES MGB

No hay comentarios: