jueves, noviembre 19, 2015

Obradoiros de gladiadores e escritura grega na USC

O día 17 de novembro organizados pola sección galega da SEEC en colaboración co Departamento de Latín e Grego da USC fixen dous obradoiros didácticos na Facultade de Filoloxía. No primeiro Lillus Maximus fixo de entrenador (doctor) e summa rudis (árbitro) duns aguerridos alumnos e alumnas da USC. No segundo escibrimos en papiro con calamus versos da Ilíada e da Odisea e mesmo o comenzo da Anábase. Unha boa experiencia para os alumnos e profesores presentes que disfrutaron coa Cultura Clásica e levaron ideas para as súas aulas presentes ou futuras.
Álvaro fixo un estupendo post no seu blog de referencia para a didáctica das linguas clásicas na GallaeciaDives Gallaecia con fotografías do evento. 
Na páxina da SEEC Galicia atoparedes tamén outras imaxes.
Neste enlace algunha das informacións do obradoiro.
E aquí unha recensión do libro Gladiadores: mito y realidad. Ademáis un acertadísimo post de Xose Manuel Otero sobre o mesmo libro.
Nun próximo post falarei doutras actividades que poden levarse a cabo nas aulas sen moito custo e esforzo para achegar a Cultura Clásica dun xeito divertido e ao mesmo tempo rigoroso.