O pasado 3 de maio celebráronse na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela os II Ludi Compostellani organizados pola Delegación galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos. O IES San Tomé participou como organizador dos obradoiros de hoplitas e taboíñas micénicas. Foi un verdadeiro pracer compartir cos alumnos doutros centros as experiencias que levamos a cabo no noso. Tamén comprobar que os Ludi Compostellani van a máis posto que había obradoiros de cociña, escritura, ciencia e moda, e incluso miniteatro e desfile de moda romana. Noraboa a directiva da sección galega, aos outros centros organizadores e ao alumnado participante que o fixo con interese e desfrute.
O noso compañeiro Álvaro do IES MGB da Estrada fixo este vídeo e a incríble Susana Losada xunto con dous compañeiros do seu IES de Melide e os seus alumnos aportan unha chea de imaxes da xornada, que concluiu coa entrega dos premios da III Olimpiada de textos clásicos (parabéns aos gañadores e aos seus profesores). Gallaecia fulget!
Obradoiro de taboíñas micénicas
O senator Lillus Maximus desfrutando da xornada
Gratias plurimas, magister!! eu si que estou desexando asistir a algún dos teus estupendos obradoiros
ResponderEliminar