O pasado 25 de abril celebráronse na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela os III Ludi Compostellani organizados pola Delegación galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos. O IES San Tomé participou como organizador de tres obradoiros: Roma/Amor (grafitos de Pompeia amorosos e fíbulas de amor), hoplitas e escola de gladiadores de Lillus Maximus.
Foi un verdadeiro pracer compartir cos alumnos doutros centros as
experiencias que levamos a cabo no noso.
Noraboa a directiva da
sección galega, aos outros centros organizadores e ao alumnado
participante que o fixo con interese e desfrute.