O sábado pasei un día estupendo no Centro de Interpretación do Xacemento romano de Caldoval, en Mugardos. A Xornada romana foi realmente amena e moi instructiva grazas a amabilidade e ao saber facer dos ponentes e organizadores, aos que desde aquí dou a noraboa e todo o meu apoio para a posta en valor deste Balneum rural romano, desexando que contribua a difusión do patrimonio romano e ao progreso turístico de Mugardos.
A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, inaugurou a xornada e pediu un momento de silencio para sumarse á campaña de sensibilización e denuncia sobre a violencia contra as mulleres (precisamente o tema que ocupou a entrada precedente neste blog). Susana Ricart, directora das excavacións, explicou o xacemento e o seu traslado á sede actual combinando a erudición e a divulgación; Silvia González deleitounos con non menos amenidade e rigor científico sobre o fenómeno das termas, dos balnea e das aquae (balnearios salutíferos) de Galicia; Ramón Boga aportou os seus anos de experiencia e disertou con moita gracia sobre todas as actividades que leva a cabo para por en valor o xacemento de Cambre, outra xoia dos balnea da nosa terra. Pola tarde, púxenme a túnica e a toga e ensinei os principais xogos romanos e as súas posibilidades didácticas. Leo González explicou a meritoria labor que se está a facer en Caldoval para dar a coñecer o centro por medio das redes sociais, as visitas guiadas e os obradoiros didácticos. Dolores González, concelleira de patrimonio, pechou a xornada, mostrando o compromiso da administración local co xacemento. Para a pena unha visita a Caldoval, non o perdades.
Velaiquí un resumo da presentación en Powerpoint que foi máis ampla.
Velaiquí un resumo da presentación en Powerpoint que foi máis ampla.
Xogos romanos Caldoval from fernandolillo
*Artículo en la revista Methodos Juegos romanos... con instruccións para os xogos citados.
*Artículo en la revista Methodos Juegos romanos... con instruccións para os xogos citados.